Carlos José Barbieri, artista arxentino residente en Ribeira, exporá dende o venres no Lustres Rivas

10 Novembro 2020

Este venres 13 de novembro o Centro Cultural Lustre Lustres Rivas dará cabida a unha mostra do artista afincando en Ribeira Carlos José Barbieri. A exposición, baixo o título Un arxentino en Galicia, será inaugurada ás 20.00 horas no centro cultural ribeirense. Reúne 43 óleos e acuarelas de variados motivos e temas, dende costumismo galego (hórreos, mariñas, igrexas, paisaxes) ata temática taurina ou de polo (cabalos, cans, touros).

A exposición terá un horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 h e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é libre é gratuíta e ten un aforo máximo de 5 persoas a un tempo, tamén se permitirán visitas guiadas para grupos de 5 persoas previa reserva (normativa COVID19). Poderá ser visitada ata o 12 de decembro.

O artista

Residente en Ribeira na actualidade, Barbieri naceu en Bos Aires en 1960 e conta cunha longa traxectoria vinculada ao arte con numerosas exposicións colectivas e individuais en Arxentina e España con técnicas como óleo, acuarela ou lapis. Está especializado na temática do polo sendo pioneiro en pintar cabalos e expoñendo en certames nacionais e creando a marca POLOARTE que reuniu aos mellores pintores, ourives e escultores neste eido. Tamén foi creador da Guía del Polo; impartiu clases de debuxo e pintura en Pilar (Bos Aires) e Santa María Polo en Sotogrande (Cádiz).

O acto inaugural estará presidido polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e a concelleira de Cultura, María José Sampedro Fernández acompañados do programador de exposicións, Unai González Suárez e o propio artista. O acto ten un aforo limitado a 40 persoas previa inscrición no correo culturaefestexos@ribeira.gal ou no teléfono 981 835650 ata o venres 13 ás 14 horas.

Ampliación no museo

Por outra banda, cómpre informar de que a exposición Unha familia de Ana Crujeiras que se está a exhibir na Sala Museo Municipal de Ribeira (que finalizaba este martes 10 de novembro) amplíase ata o 30 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.