Boiro Novo pide que se acometan as obras pendentes cos núcleos de Sandrenzo e Fontecoba

12 Novembro 2020

A agrupación cidadá Boiro Novo, a través da concelleira Dores Torrado, vén de anunciar unha moción para esixir o cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba, onde, segundo apunta a asemblea cidadá, a veciñanza leva anos agardando para que se execute un convenio asinado na lexislatura 1999-2003, polo que a comunidade de montes debía ceder unha parte do seu terreo ao Concello para a construción da primeira fase do Polígono Industrial a cambio de que a Administración local acometera investimentos públicos no lugar.

Boiro Novo lembra que “algúns destes investimentos aínda non están hoxe executados”, como é “o caso dun parque infantil, unha pista polideportiva e máis a construción dun pequeno local social para reunirse a veciñanza”. A plataforma opina que “o Concello incumpriu este acordo”, e recorda que os residentes dos ditos núcleos víronse na obriga de reclamar a execución destas actuacións pola vía xudicial, emitíndose unha sentenza favorábel á ela no ano 2015.

“Malia isto”, engade Boiro Novo, “estas actuacións levan sen rematar dende hai máis de dous anos, polo que a xente está farta de ter que acudir á xustiza para facer valer os seus dereitos diante do Concello de Boiro”.

Por todo o devandito, agrupación solicita que “coa maior brevidade posíbel” o Goberno local execute as obras e actuacións pendentes de realizar no lugar como o peche perimetral, a colocación do chan do parque infantil e a construción do local social para celebrar xuntanzas veciñais, entre outras iniciativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.