Boiro celebra un Concerto da BMB e acto de homenaxe ao mestre Xosé R. España

21 Novembro 2020

A Banda Municipal de Música de Boiro organiza este sábado o concerto
de Santa Icía 2020 en homenaxe ao mestre Xosé España, falecido no mes de
marzo. O acto vai mesturar as pezas do mestre con imaxes para afondar na
súa figura, a proxección dun documental sobre a súa figura e unha homenaxe á familia.
D. Xosé R. España Lorenzo foi creador de numerosas bandas de música
como a de Negreira, Mazaricos, Ordes, Santa Comba, Taragoña ou Boiro, así
como de grupos de música tradicional, como os Menestreis, e foi mestre de
música de infinidade de rapaces e rapazas. Faleceu o pasado 24 de marzo,
polo que a Banda de Música de Boiro quere renderlle homenaxe no concerto de Santa Icía deste ano.
A actuación vai mesturar pezas do mestre España con imaxes coas que
se vai afondar na súa figura e na que vai ser lembrado por alumnos e alumnas, e colaboradores. Despois do concerto vaise proxectar un documental realizado por Jesús Ares sobre a figura do músico boirense e entregarase un libro conmemorativo que o Concello de Boiro reedita.
A actividade será este sábado, ás 19:00 horas, no salón de actos da
Casa da Cultura de Boiro. A capacidade é limitada, polo que se require a
reserva previa de entradas no enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.