Boiro amplía o horario de apertura do cemiterio municipal para evitar aglomeracións

01 Novembro 2020

O Concello de Boiro vén de determinar unha serie de medidas para garantir o control e a seguridade no cemiterio municipal de Boiro durante a fin de semana de Todos os Santos. As instalacións estarán abertas de 8:30 a 22:30 horas de venres a domingo, e vaise intensificar o control para evitar as aglomeracións.
Tendo en conta as restricións específicas pautadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública nos cemiterios da Comunidade Autónoma de Galicia ante a festividade de Todos os Santos e defuntos, o Concello de Boiro vai aplicar medidas específicas no cemiterio municipal de Vista Alegre. Vaise ampliar o
horario de apertura das instalacións e establecese unha estancia máxima nas instalacións de 30 minutos. O persoal encargado do cemiterio municipal estará encargado de que se cumpran as restricións e que se eviten as aglomeracións.


Habilítanse dous accesos de entrada e saída, un pola porta principal na parte norte e outro pola parte sur, recentemente asfaltado o acceso e habilitada cunha ampla zona de aparcamento. Vanse establecer fluxos de entrada e saída en ambas as dúas entradas e vanse dotar con dispensadores de xel hidroalcólico, polo que se roga ás persoas usuarias do cemiterio que empreguen ao acceso máis próximo aos seus respectivos nichos.
Dende o Concello de Boiro pídese a toda a cidadanía que visite esta fin de semana os cemiterios que cumpra coas medidas de seguridade e protección, como son o uso obrigatorio de máscara, o mantemento da distancia interpersoal e cumprir coas medidas de hixiene de mans. Tamén que se roga que eviten as aglomeracións e as horas de mais afluencia de xente, así como cumprir coas limitacións horarias establecidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.