Segundo a Consellería de Sanidade actualmente hai 20 alumnos enfermos en 14 centros educativos da comarca. Recibiron a alta os estudantes que tiveron covid do colexio Ricardo Tobío de Muros e do instituto Leliadoura de Ribeira e no CPI Cernadas de Castro de Lousame, que aínda mantén dous casos activos, a mesma cifra que se rexistra no Rodríguez Cadarso de Noia. En Noia hai alumnos por Covid no centro de secundaria Campo de San Alberto, que incrementou nun a cifra de enfermos tres na última xornada. Nestes mesmos números está o IES da Cachada de Boiro, donde hai tres estudantes contaxiados actualmente.
Cun caso activo están o Colexio Santa Irene e o IES de Porto do Son, o colexio Castelao e o Félix Muriel de Rianxo, e o Heroínas de Sálvora, Bayón e Galaxia de Ribeira, o CEIP de Cespón de Boiro, o Ramón de Artaza de Muros e o instituto Poeta Añón de Outes. Por outra banda o Instituto Número Un de Ribeira recupera a presencialidad, se ben a AMPA amosou o seu rexeitamento a este cambio, esixida pola administración educativa.
Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video
Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...





