Aviso amarelo este domingo por ventos de forza 7 nas Rías Baixas e na Costa da Morte

07 Novembro 2020

Meteogalicia activou para este domingo o aviso amarelo por fortes ventos no mar, que poderán alcanzar a forza 7 nas Rías Baixas e na Costa da Morte.

A alerta permanecerá vixente a partir das 6,00 horas da mañá e ata as 12,00 horas do mediodía.

Esta situación estará activa por ventos de forza 7 que chegarán a Galicia desde o sur e azoutarán a Costa da Morte e as Rías Baixas é dicir todo o litoral da provincia de Pontevedra e o sur do da Coruña.

En canto o tempo  continuaremos con intervalos anubrados, con chuvascos que ocasionalmente poderían vir acompañados de aparato eléctrico pola costa. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.

Prognóstico para o mediodía do domingo 8 de novembro

Outros artigos

Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo)...

+

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión