Avanzan en Noia as obras do malecón de Cadarso

04 Novembro 2020

O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón e o concelleiro de obras, Martín Fernández Godón, supervisaron este martes 3 de novembro as obras de pavimentado con aglomerado en quente e mellora do firme da travesía do malecón de Cadarso.

Estes traballos de acondicionamento viario, desenvolvidos pola Deputación Provincial da Coruña, terán continuidade ao longo dos días vindeiros, co pintado do firme e a colocación da sinalización horizontal, retomándose tamén as obras da glorieta de entrada a Noia para o seu remate e posta en servizo por parte de Costas do Estado.

O Concello explicou que estas melloras entroncan coas dársenas de Cadarso e Gasset e que permitirán rematar as obras iniciadas hai xa meses por parte da empresa adxudicataria das mesmas.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.