As novas masculinidades centran unha nova sesión da Escola de Familias de Rianxo, o 25 de novembro

20 Novembro 2020

O 25 de novembro temos unha cita coa igualdade en Rianxo, e máis aínda, con todos aqueles elementos (ideas, prexuízos, tópicos) que nos impiden vivir en igualdade, co fin de velos de fronte, coñecelos e, en última instancia, botalos abaixo. Estamos a falar da nova sesión do programa Escola de Familias, Educando nas novas masculinidades, do profesor da Universidade de Santiago Jorge García Marín. O seu relatorio xirará arredor do libro que o profesor, sociólogo e activista publicou en datas recentes coa editorial Galaxia, Papá, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes. O libro, como lembraremos, foi presentado en Boiro no mes de xaneiro. A cita en Rianxo será ás 17.00 horas, no Auditorio.

Segundo avanza o autor do libro, respecto da súa intervención, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos, “polo que se fai preciso, xa desde a educación infantil, abordar o modelo de home que necesitamos para esta sociedade igualitaria”.

Jorge García Marín é profesor do departamento de Socioloxía na Universidade de Santiago. Ten ás súas costas unha longa bagaxe como activista a prol das desigualdades e pechando fileiras, en colaboración coas comunidades de estudantes, arredor de todo tipo de iniciativas contra o machismo e a violencia contra as mulleres.

García Marín imparte docencia no mestrado Igualdade, xénero e educación e na actualidade é secretario do CIFEX (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero). Dende hai case trinta anos está vencellado a grupos de investigación en temáticas de xénero, sendo as súas liñas prioritarias, dentro dos estudos de xénero, os videoxogos, as identidades virtuais, os relatos fílmicos e as problemáticas asociadas ás masculinidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.