Arrasado en Boiro o restaurante Miramar Praia

01 Novembro 2020

Bombeiros e membros de Protección Civil de Boiro sufocaron a última hora da tarde do domingo un lume que se declarou no restaurante Miramar Praia, situado ao pé do areal de Barraña, na zona de O Saltiño e a escasos metros da estrada que vai cara a Cabo de Cruz.

Pouco antes das sete da tarde recibíase o aviso alertando do lume, que se propagou con gran rapidez polo local. As lapas arrasaron unha gran parte do establecemento. O feito de que o establecemento estivera pechado fixo que nons e rexistrasen feridos.

O lume foi grande porque nun momento houbo un escape de gas e ademais o vento do sur pegaba forte o que fixo que aumentasen as lapas. efectivos dos parques comarcais de bombeiros permacen no lugar refrescando a zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.