Aguiño celebrou este sábado 31 o Día das Letras Galegas

03 Novembro 2020

O Día das Letras Galegas foi festexado en Aguiño o pasado sábado 31 de outubro. A xornada foi organizada neste día en concreto por ser a data do nacemento do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero. O acto promoveuno a Asociación Francisco Lorenzo Mariño, en colaboración coa Concellería de Cultura de Ribeira e a Deputación da Coruña.

A actividade principal foi o concerto de Pablo Díaz e Alex Fente no que interpretaron 15 temas dos discos. O público que acudiu foi infantil en maior medida, xa que das 57 persoas que se presentaron, 35 eran nenos.

Durante o acto, entregáronse agasallos aos máis pequenos. Ademais houbo xogos e varios sorteos para os participantes en actividades como Euquedonacasa, promovida pola asociación no confinamento.

Os adultos tamén recibiron os seus obsequios. Os presidentes da asociación, Elvira Pisos Arnoso e Unai González Suárez, foron os encargados de repartir os agasallos públicos, xunto a Concelleira de Cultura do concello de Riveira, Mariola Sampedro Fernández.

En xeral, foi unha xornada completa, aínda que non houbo grandes celebracións por mor das restricións do coronavirus.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...