“A situación crítica dos hostaleiros na comarca de Barbanza”. Sandra Rivadulla

04 Novembro 2020

As restricións por mor da COVID están a causar graves problemas nos restaurantes de Barbanza. Os donos dos establecementos viven un momento de moita incerteza e non se imaxinan o que deparará Nadal.

Os empresarios do sector pensan que esta situación é insostíbel e abren os seus negocios con temor a un peche gobernamental. Así o afirma Juan Martín Davila, director do Restaurante Xoanes, en Boiro: Isto é coma se tes un barco e podes saír ao mar, pero sen pescar”.

Davila explica que traballan menos do 50% do que traballaban en febreiro e que tivo que adiantar o servizo de ceas debido as restricións. “Teño que pechar o meu local ás 22.30”, sinala.

A redución do consumo

O toque de queda é o que leva aos veciños da comarca a non frecuentar a saída á rúa. Como consecuencia directa, o consumo nos restaurantes está sufrindo unha baixada exponencial. Suprímense, en moitas ocasións, os servizos de cea, e se comeza a apostar pola comida para levar: “o consumo non é o mesmo e as ventas tampouco. Ademais, antes o que viña de cear, tomaba unha copa ou un cóctel, agora non”, recalca Concha Martínez, a responsábel do restaurante O Costillar, en Rianxo.

Unha chea de dúbidas cara Nadal

A estas alturas aínda non se sabe nada do Nadal. Segundo as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, a hostalería en Barbanza ten limitado o seu aforo ao 50 % no interior dos locais e ao 75% nas terrazas. A situación non é doada para ninguén e menos para os hostaleiros da comarca. No Restaurante Xanxo, en A Pobra, están intentando rehabilitar un comedor privado para Nadal: “O obxectivo é reunir a máis comensais se, ao final, se pode”, declara Xanxo, o dono do establecemento. Mentres, outros restaurante da zona consideran a opción de non facer ceas de Nadal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...