“A quinta planta”. José Manuel Pena

13 Novembro 2020

Temor, tristeza, angustia, desesperación, cansazo. Todo isto mestúrase nos rostros desencaixados de decenas de persoas que, cada día, pasan pola quinta planta do hospital. As horas interminables, sentados nun sofá, mentres invaden os seus corpos, a través do sangue, diversos remedios que pretenden combater a terrible enfermidade, o cancro.
Un gran televisor, sen funcionar, serve de división ás dúas filas de pacientes, mentres os sanitarios non pairan de follear e controlar os aparellos e falar cos enfermos. Algúns xa son máis que coñecidos e a confianza reflíctese nalgunhas das conversacións, Son moitas as semanas e os meses de intenso tratamento, para algúns.
O certo é que a enfermidade non entende de idade, raza, nacionalidade ou status social. Algunhas persoas, en situación de vulnerabilidade, poñen de manifesto certas dificultades para desprazarse, cada semana, á capital de Galicia. Preferían que, estes tratamentos, fosen fornecidos nos hospitais comarcais do Barbanza, Cee, Vilagarcía ou calquera outro que está máis preto dos seus domicilios. Sen dúbida habería máis empregos e menos prexuízos para os pacientes.
Todos coincidimos que a sanidade pública debe estar ao servizo de todos
os cidadáns, en igualdade de condicións. Non obstante os gobernantes non
se cansan de xustificar os recortes, que afectan os Dereitos Fundamentais, por culpa da mal denominada débeda. Non importa que estea en xogo a saúde das persoas, o necesario é cadrar as contas.
Esta falta de investimento en investigación para a saúde fai que moitos profesionais sanitarios únanse para mobilizar á sociedade civil en busca
dos recursos económicos necesarios para a posta en marcha dunha medicina preventiva e reparadora menos agresiva para as persoas.
Unha mostra máis de que a sociedade civil vai por diante da clase política
que se preocupa moito máis de manterse nos seus despachos que dar unha
resposta valente ás demandas cidadás e a velar polos intereses xerais.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.