A Policía Autonómica levou a cabo dispositivos de control anti-COVID en Boiro, Noia, A Pobra e O Son

10 Novembro 2020

A Policía Autonómica fixo balance das recentes actuacións dirixidas a previr, inspeccionar e controlar o cumprimento das medidas adoptadas contra a COVID-19. En virtude deste marco de traballo, os axentes realizaron 48 inspeccións en nove concellos da provincia da Coruña na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 28 persoas e a tramitación de 17 actas de infracción.

En base a este plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 06 ao 08 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo dispositivos en nove municipios da provincia en Ames, Boiro, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela,.Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Teo.

No conxunto da Comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 30 concellos, nos que que se rexistraron 87 operativos cun total de 116 inspeccións, con máis de 552 persoas identificadas e 29 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á COVID-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.