A Pobra suma unha quincena de contedores para aceite de cociña usado

30 Novembro 2020

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal informa de que procedeu á colocación dun contedor destinado á recollida de aceite de cociña usado na explanada da Pedreira, no Camiño Ancho.

Con esta incorporación, o Concello suma un total de 15 colectores repartidos por distintas localizacións, que son as que se indican a seguir: lugar de Caíños, fronte ao bar O Campiño; rúa da Angustia, xunto a Muebles Lijó; lugar da Virxe do Monte, xunto á capela; rúa Venecia, xunto á pista deportiva; rúa do Curraliño, na esquina da casa Raquel Fernández Soler; na zona verde da rúa Lamas e Andrés; na zona verde da rúa Barrantes, urbanización O Lagar; no lugar da Covecha, fronte ás pistas de tenis; no aparcadoiro do recheo; no parque do Castelo, fronte ó bar O Facho; no lugar da Costa, fronte á panadaría O Forno do Maño; na Ribeiriña, xunto á marquesiña do bus; na estrada de Lesón, xunto ós contedores amarelo e azul; no paseo dos Areos, fronte ó supermercado Gadis; e o recentemente instalado na xa referida explanada da Pedreira, no Camiño Ancho.

Cómpre lembrar que o depósito do aceite debe realizarse en recipientes de plástico, senón escachan e producen verteduras.

Trátase, en palabras da Concellería, “dunha acción a prol do coidado do medio ambiente que busca a implicación da cidadanía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.