A mostra Heráldica, de Abelardo Soler, chega ao Centro Social de Cabo

06 Novembro 2020

O Centro Social de Cabo de Cruz acolle durante o mes de novembro a mostra fotográfica Heráldica, unha colección de fotografías de 38 escudos de Boiro, realizada polo artista pobrense Abelardo Soler Torrente.

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, e a asociación O Faiado 2, impulsan esta mostra, que recolle unha colección de fotografías feitas para a publicación Heráldica en Boiro, escrita por Ramiro Villoch para a asociación artesán e etnográfica O Faiado 2.

A mostra poderá visitarse durante todo o mes de novembro na sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz, de luns a venres en horario de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de martes a xoves tamén pola tarde en horario de 16.00 a 19.00 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.