A morte dun veciño de Taragoña eleva a 31 as vitimas da COVID-19 na comarca

04 Novembro 2020


Segundo informa sanidade nas últimas horas falecía no CHUS un veciño de Taragoña de 70 anos que tiña patoloxías previas. Con esta nova vítima xa son 31 os mortos da pandemia na comarca desde o pasado mes de marzo, das que cinco pereceron nesta segunda onda de covid.

Nos últimos datos a área sanitaria de Santiago- Barbanza , detectáronse 89 novos positivos, polo que a cifra de persoas a tratamento non experimenta grandes cambios e queda en 1.350. O que sí creceu é o número de hospitalizados, que pasou de 63 a 69, dos que 12 están ingresados na unidade de coidados intensivos do CHUS. O númerod e falecidos ascende a 145 dos que 31 son da comarca. Continúan facéndose numerosas probas para detectar novos positivos, e na última xornada levaron a cabo 1.374, acumulando un total de 115.252.

Fonte Consellería de Sanidade

No mapa de alerta por coronavirus da Consellería de Sanidade rexistráronse cambios. Así Noia pasou ao nivel dous (laranxa entre 14 e 20 casos detectados nunha semana. Porto do Son pasou anivel 1 xunto a Muros, Ribeira, Rianxo e Boiro. Por outra banda hai catro concellos de Barbanza que continúan no nivel cero de alerta (verde), que son A Pobra, Lousame e Outes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...