A Marea Cidadá de Noia repartiu tapabocas negros polo 25N

30 Novembro 2020

A Marea de Noia celebrou estes días a loita contra as agresións machistas, ao abeiro da campaña En Negro Contra a Violencia. Segundo fixeron saber as e os integrantes da agrupación local, “a pandemia trouxo moitos problemas á poboación, e agravou moitos outros que xa viñan existindo, como por exemplo o da violencia machista, cuxas denuncias aumentaron nun 20% durante as dúas primeiras semanas do confinamento”.

A Marea de Noia tamén explicou que a campaña En Negro celebrouse desta volta sen ao apoio do Concello, malia a importante repercusión acadada en anteriores edicións. Incluíu o reparto entre a cidadanía de tapabocas negros que, por mor do mal tempo, non puideron ser distribuídos até este domingo 29. Segundo explica A Marea, o acto, celebrado a carón do edificio de Abanca, resultou “un auténtico éxito”.

Dende a Marea Cidadá de Noia anunciaron que “continuarán loitando pola erradicación da violencia machista e por un mundo no que homes e mulleres poidan finalmente vivir en igualdade”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.