A Deputación apoia a creación do GES de Noia

13 Novembro 2020

A Deputación da Coruña vén de confirmar seu apoio para a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) en Noia, que permitirá, en palabras da entidade provincial, “mellorar a atención nos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son”. Na confirmación, que é a resposta ás solicitudes emitidas polos ditos concellos os días pasados e que reflectimos dende O Barbanza, tamén se lanza unha mensaxe para a Xunta: “O Goberno galego deberá achegar maior coordinación para mellorar o sistema de atención a emerxencias na provincia”. A Deputación tamén sinala que “a toma de decisións con respecto á localización das bases se fundamente en criterios técnicos, non políticos”.

Os deputados Blas García e Sandra González visitaron este xoves a base de Protección Civil de Noia onde; acompañados do alcalde do Concello, Santiago Freire, da concelleira Ana Isabel García e do xefe de Protección Civil da localidade, Eduardo Moledo; aproveitaron para coñecer as instalacións, os medios e a organización dos traballos que realizan, amais de constatar algunha das necesidades do servizo.

Na visita os deputados trasladaron ao apoio da Deputación á devandita proposta de creación do GES, ao tempo que solicitaron á Xunta máis esforzos “para resolver cuestións pendentes que requiren ser desbloqueadas con urxencia coma o parque comarcal de bombeiros de Compostela ou a zona de sombra que aínda permanece na zona de Ortigueira”. Blas García afirmou que “a Xunta non debe caer na tentación de politizar as emerxencias” e lembrou que “a pasada semana celebramos unha xuntanza da Comisión dos GES, da que forman parte a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as catro Deputacións, e acordamos estudar a proposta de creación de novos GES, entre eles o de Noia, para tomar a decisión na próxima reunión”, pero “a Xunta non agardou e anunciouno previamente”.

O deputado fixo unha petición para que “cando se tomen decisións para emprazar os servizos de emerxencias se fundamenten unicamente en criterios técnicos e se separen de quen goberna en cada concello, xa que en Noia existía un GRUMIR (antigos GES) que foi suprimido no ano 2013 e, se aplicásemos este precepto, seguramente nunca se lle quitaría”, dixo.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...