A banda barbanzá Momboi, premiada no Concurso Fran Pérez Narf

30 Novembro 2020

A Deputación da Coruña entregou este sábado os premios do Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais que promove a entidade provincial e que este ano destinou o galardón de mellor banda á agrupación Caldo, seguida de Koroiev e Momboi. A gala celebrouse no Teatro Colón da Coruña nun espectáculo que foi retransmitido en directo a través do canal de Youtube da Deputación. Nela participaron as cinco bandas finalistas: Caldo, Ukestra do Medio, Koroi-ev e Momboi, ademais de Verto, o grupo convidado, nun acto que estivo conducido pola xornalista Belén Regueira.

Momboi, a banda da nosa comarca especializada na mestizaxe entre rock, folk, funk e música latina (integrada por músicos de Noia, Outes e Porto do Son), obtivo unha máis que meritoria terceira posición no certame. O xurado enxalzou a capacidade dos músicos que a integran para atopar un moi marcado estilo propio a través do entrecruzamento dos máis diversos estilos, cunhas letras “que van do ancestral ao espiritual, pasando por suposto polo amor”. Momboi, engadiu o xurado, “crea un universo imaxinativo e suxestivo nas súas cancións”, camiñando coa vista no futuro e “sen perder a súa orixe e os sons vintage do rock”. En decembro de 2019 lanzan o EP Ofrenda e actualmente preparan a gravación do seu primeiro LP.

En metálico os premios son de 3.000 euros para a primeira banda clasificada, 2.000 para a segunda, 1.500 para a terceira e 1.000 para a cuarta e quinta.

O Concurso Fran Pérez Narf de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promover os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor que lle dá nome.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.