577 pacientes hospitalizados pola Covid en Galicia; baixan a 79 os ingresados en UCI


Na área sanitaria Santiago-Barbanza detectaronse 84 novos positivos por probas PCRs; contaxiados6.258 dos que hai 1.338 activos dos que 61 están hospitalizados e 12 en UCI. rexsitarronse 145 falecidos dos que 31 son da comarca do Barbanza.

En Galicia os pacientes con Covid-19 hospitalizados aumentaron ata os 577, o que supón 14 máis que os rexistrados onte mércores, pero descenderon nun os ingresados en UCI, que se sitúan en 79.

A Consellería de Sanidade informa que hai 498 persoas con coronavirus hospitalizadas en unidades convencionais e 79 en unidades de críticos.

Baixan os pacientes ingresados na área sanitaria de Santiago- Barbanza, onde hai 73 pacientes con Covid hospitalizados, deles 61 en unidades convencionais –oito menos– e 12 en UCI –sen cambios–. As persoas curadas ascenden 4.775 e as PCR feitas a 116.664. Tamén baixan en Ourense.

En canto ós concellos Ribeira pasou a nivel 2, xunto con Noia, No nivel 1 está O Son e Rianxo e no nivel 0 está A Pobra, Boiro, Lousame, Serra de Outes, Muros e Carnota.