Ferido un conductor en Ribeira

09 Novembro 2020

A primeira hora da mañá un condutor resultou ferido de carácter leve nun accidente de tráfico ocorrido na avenida da Paz de Ribeira. O vehículo saíuse da vía e impactou contra un turismo que estaba aparcado.

O conductor do coche sufreu molestias no pescozo polo que os servizos de emerxencias colocáronlle un collarín e o trasladaron nunha ambulancia do 061 ao hospital comarcal. Ata o lugar tamén se desprazaron o GAEM de Ribeira e unha patrulla da Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.