Volven a subir os contaxiados nos centros escolares da comarca. Os casos subiron a 21 activos.
A vila noiesa é a máis azoutada actualmente polo coronavirus na comarca. Actualmente hai tres casos rexistrados no instituto Campo de San Alberto e dous no colexio Alexandre Rodríguez Cadarso. Tamén continúan enfermos un par de estudantes do CPI Cernadas de Castro, que chegou a ter a semana pasada a catro nenos con covid.
Os concellos do Son e Ribeira son os que teñen mais casos con centros afectados nesta segunda onda da pandemia. Ademais do CEIP Campanario, tamén hai un contaxiado no Santa Irene e no instituto de Porto do Son; tamén hai un neno con covid-19 no Heroínas de Sálvora, o Galaxia e o Bayón.
No instituto A Cachada de Boiro hai un estudante que recibiu o alta, e quedan dous alumnos con covid, no IES Fontexería de Muros e o colexio Campanario de Porto do Son únense á lista que publica a Consellería de Sanidade cun positivo cada un. Con estes dous casos on 16 os centros educativos da comarca que teñen alumnos con coronavirus.
No resto de instalacións educativas non se produciron cambios. Cun só caso están o centro de infantil e primaria de Cespón, o instituto Poeta Añón de Outes, o colexio Castelao e do IES Félix Muriel de Rianxo.
No que respecta o resto do país a incidencia da pandemia no sistema educativo aproxímase xa aos 1.300 casos activos e mantén a súa tendencia de incremento progresivo no número de positivos con COVID-19 detectados en escolas, institutos e garderías galegas.
Todos eles, uns 1.272 en total, obrigan a manter pechadas polo menos 68 unidades nas instalacións educativas. Tamén segue clausurada unha escola infantil na provincia de Lugo que segue con cinco positivos confirmados.