17 falecementos, dez de usuarios de residencias, soben a 1.086 as vítimas da Covid en Galicia

16 Novembro 2020

As vítimas en Galicia debido á pandemia do coronavirus elevan a 1.086 os mortos despois de que Sanidade o informase este luns doutros 17 falecementos, dez deles de usuarios de centros xeriátricos na Comunidade.

Sanidade informou de que, ademais das mortes rexistradas ao longo desta xornada de persoas diagnosticadas con covid-19, a listaxe de 17 falecementos trasladado este luns aos medios completa o reconto de fin de semana realizada por Saúde Pública, tras comprobar que houbo máis casos de falecidos co virus.

Deste xeito, das 17 persoas cuxo falecemento se notificou este luns, dez procedían de residencias –oito delas faleceron nos propios centros e outras dúas en hospitais.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.