Última visita teatralizada pola Pobra da man de Serafín Marcos o sábado 10

06 Outubro 2020

Con motivo da iniciativa O teu Xacobeo, Serafín Marcos regresa á Pobra do Caramiñal cunha nova visita teatralizada. Baixo o título A Pobra xacobea, retomarase a ruta polo exterior, percorrendo diversos emprazamentos da vila que gardan relación co Camiño, ademais de ofrecer algunha sorpresa. Deste xeito, anticípase o Xacobeo 2021 cunha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante 2020, impulsada pola Xunta, e que, no caso concreto do municipio, consistiu en viaxes en veleiro e visitas teatralizadas.
A actividade transcorrerá o sábado 10, a partir das 19.00 horas, establecendo como punto de encontro a Casa Mariñeira (parque do Castelo). En caso de chuvia, trasladarase ao auditorio do Museo Valle-Inclán.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben formaliza-la súa inscrición por whatsapp no teléfono de contacto 687482835 ou por correo electrónico turismo@apobra.gal.
Cómpre lembrar que esta cita terá lugar seguindo o protocolo e as medidas
implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Todo preparado na Pobra para 16ª edición da Volta a Ons

A Pobra do Caramiñal, a través do Club Náutico Arousa Norte, comezou a conta atrás para a 16ª edición da Volta a Ons. A clásica regata que organiza o Club Arousa Norte, puntuábel para a Copa Xunta de Galicia, conta co patrocinio do Clínica Dr. Gonzalo López e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

Dicirmos que hai diverxencia entre o sector pesqueiro e os gobernos (autonómico e/ou central) non é descubrir, arestora, o Atlántico. Resulta tan evidente ese desencontro, que só a desunión permanente no eido da pesca marítima explica que o sector, en Galicia e as...