Tráfico iniciou en Galicia unha campaña para intensificala vixilancia en camions e autobuses

12 Outubro 2020

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) desenvolverá, entre este luns e o vindeiro domingo 18, unha campaña especial que intensificará os controis de vixilancia de camións e autobuses nas estradas de Galicia.

Segundo informa a Delegación do Goberno, serán os axentes de Tráfico da Garda Civil os encargados de implantar estes dispositivos coa colaboración de numerosas policías locais da Comunidade.

Os axentes farán especial incidencia en verificar aspectos como as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo, así como o seu peso, o acondicionamento da carga, o estado dos pneumáticos ou o adecuado funcionamento da iluminación.

Tamén comprobarán no ámbito administrativo, examinando a documentación do vehículo e o permiso dos condutores, ademais dos tempos de condución e descanso, o consumo de alcol, a velocidade e o mantemento da distancia de seguridade.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.