Soben os positivos en colexios da comarca

14 Outubro 2020

Os positivos nos centros educativos da comarca volveron a subir, chegando xa a once institutos, colexios e escolas infantís de Barbanza.

Segundo os datos de Sanidade na lista entraron o Praia de Barraña de Boiro, o CPR Plurilingüe Sacro Corazón de Castiñeiras e o IES Fontexería de Muros, cun alumno contaxiado en cada un. Tamén no centro de secundaria Santa Irene de Porto do Son sumouse un novo positivo que se suma o de hai uns días.

Sege con positivos a escola da Galiña Azul de Praia Xardín, o CEIP de Cespón, a gardería municipal e o Galaxia de Ribeira, o IES Félix Muriel de Rianxo, o María Assumpta de Noia e o Ramón de Artaza de Muros. Neles hai un alumno contaxiado, a excepción do instituto rianxeiro onde se ten constancia de dúas.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.601, deles 765 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 628 da de Santiago, e 147 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 4.342 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.277 persoas curadas, rexistrándose 797 falecementos. O número de PCR realizadas é de 560.887.

Na comarca O Son permanece en nivel 3, Rianxo e Muros en Nivel 1. O resto dos concellos permanecen en fase 0.

Outros artigos

A praia de Cabío converteuse nunha aula ambiental

A praia coñecida como Cabío acolleu este venres 10 de xullo unha actividade ambiental organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal dentro da programación vinculada á Bandeira Azul deste areal. Desenvolvida pola asociación de educación ambiental Amabul, a Xincana...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.