A morte de 4 persoas eleva o total de vítimas a 773 en Galicia. Soben os positivos da COVID- 19 na área sanitaria Santiago- Barbanza

07 Outubro 2020

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste mércores catro novas mortes en Galicia con coronavirus, o que eleva o total de vítimas mortais ata 773 desde o inicio da pandemia. En concreto, trátase dunha muller de 66 anos que estaba ingresada no CHOP de Pontevedra; unha muller de 91 anos e home de 81 anos, ingresados no Hospital de Verín; así como unha muller de 90 anos no Chuvi de Vigo. Todos presentaban patoloxías previas.

O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da ‘nova normalidade’ ascende a 152 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega había encadeado case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

SANTIAGO-BARBANZA

Tras varias xornadas de baixada no número de pacientes, os casos da Covid na área sanitaria de Santiago- Barbanza experimentan unha lixeira suba o rexistrase 44 novos positivos.

A cifra de persoas que están a tratamento elévase segundo o último parte de Sanidade a 544, 17 máis que na xornada de onte. A maioría están en seguimento nos seus fogares, mentres que a cifra de hospitalizado diminuíu lixeiramente, pasando dos 31 enfermos de onte aos 27 deste mércores. Unha das pacientes que estaba ingresada, unha muller de 87 anos de idade e que presentaba patoloxías previas, faleceu, segundo informou o Sergas a última hora de onte e recollemos en O Barbanza , mentres que os outros tres recibiron o alta xunto a outros 24 afectados que estaban illados nas súas casas. Segundo isto, o número total de curados desde o inicio da pandemia ascende a 3.378, mentres que se realizaron 81.509 probas PCR para detectar ou descartar a enfermidade, 968 delas na última xornada.

En canto o número de alumnos contaxiados pola COVID-19 no Barbanza baixa a 12 con respecto a semana pasada. Detectouse un novo contaxiado no colexio de infantil e primaria de Cespón, pero cambia a situación en tres centros. No CEIP Castelao de Rianxo só queda un neno enfermo dos dous que había a finais da semana pasada, mentres que no instituto boirense da Cachada incrementouse o número de estudantes afectados, que actualmente son dous.
Abriuse a aula da escola infantil de Praia Xardín tralo peche o aparecer un positivo. Sigue clausurada a aula da gardería municipal de Ribeira dos compañeiros que compartían aula con outro neno enfermo, e que é o único centro de Barbanza que continúa cunha unidade clausurada. Segue habendo un positivo no Santa Baia e no IES Espiñeira de Boiro, no Galaxia de Ribeira e no María Assumpta de Noia, e dous enfermos no Félix Muriel de Rianxo.

Respeto a Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.068, deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo, 544 da de Santiago, e 108 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 185 en unidades de hospitalización e 3.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, rexistrándose 773 falecementos

O número de PCR realizadas é de 523.412.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...