Santiago-Barbanza rexistra 83 novos positivos, 16 en residencias universitarias e en Galicia 441 en 24 horas

21 Outubro 2020

Un total de 441 contaxios de covid-19 foron rexistrados en Galicia nas últimas 24 horas, fronte aos 343 detectados na xornada anterior. O total de positivos ascende a 5.457 e Ourense volve ser a provincia na que máis casos detéctanse, con 93.

A Consellería de Sanidade infotmou que a área sanitaria de Santiago- Barbanza experimentou 83 novos positivo o que situa o total de positivos en 851.

Pola súa banda, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectáronse 66 novos positivos, que elevan o total a 538. Por detrás sitúase a área da Coruña, con 56 novos casos, ata os 905; a de Lugo, con 40 novos, ata os 518; e, en último lugar, a de Ferrol, con 19 positivos, ata os 251.
Ata a data faleceron en Galicia 836 persoas con Covid-19, con cinco últimos falecementos notificados na tarde do mércores, un deles vinculado a unha residencia de anciáns.

Sanidade informou da morte de mulleres de 73 e 78 anos que se atopaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Santiago e no Complexo Hospitalario da Coruña; así como de dous homes de 84 e 83 anos ingresados no Hospital de Verín e no Complexo Hospitalario de Vigo. Ademais, faleceu unha muller de 91 anos na residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense). Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.

Sanidade informou tamén de 12 positivos en traballadores da cociña do CHUS tras dous cribados a 185 empregados.

Pola súa banda as novas probas realizadas en residencias e colexios maiores de Santiago de Compostela detectaron novos positivos que elevan a cifra a un total de 16 os universitarios contaxiados por COVID-19 na capital galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...