A xerencia da área sanitaria De Santiago levará a cabo un cribado poblacional no centro de Saúde de Muros ao longo da fin de semana.
Dirixido a uns 2.000 muradáns de 30 a 50 anos.
A decisión adoptouse tralo incremento de casos nos que non é posible seguir a cadena epidemiolóxica.
A cita será a través de SMS coa hora é o lugar da cita.
Realizarase toma de mostras nasofaringea para realizar PCR q serán analizadas a través da técnica pooling.
Na área sanitaria de Santiago-Barbanza hai 1.322 pacientes con infección activa. Hai 63 hospitalizados con 12 ingresados en UCI. Nesta tarde rexistrouse a morte dunha muller de 86 anos no CHUS. Fora diagnosticada de infección por Coronavirus e tiña patoloxías previas. As vítimas na área sanitaria suben a 140 pacientes.
En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.363 deles 1.432 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 1.394 da de Ourense, 899 da de Pontevedra, 1.758 da área de Vigo, 1.322 da de Santiago, e 757 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 69 están en UCI, 407 en unidades de hospitalización e 7.887 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.537 persoas curadas, rexistrándose 902 falecementos. O número de PCR realizadas é de 672.435.
LIMITACIONS DE CIRCULACION
A Consellería de Sanidade estableceu novas medidas de restrición da mobilidade nas sete cidades galegas e na súa contorna, as que ademais hai que engadir á limitación de xuntanzas entre persoas conviventes en 14 concellos.Tras a xuntanza do Subcomité clínico que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou do conxunto de medidas adoptadas para conter a expansión do virus na nosa comunidade, destacando que desde as 15:00h deste mediodía se establecerá unha restrición perimetral de desprazamentos entre algúns concellos. Neste senso, a mobilidade de persoas ficará restrinxida aos perímetros conformados polos seguintes grupos de concellos: Santiago, Ames e Teo; Ferrol, Neda, Fene e Narón; A Coruña e Arteixo; Pontevedra, Poio e Marín. Así mesmo, tampouco estarán permitidas as entradas e saídas nos núcleos de poboación de Vigo, Lugo e Vimianzo. Xunto coas limitacións nos desprazamentos, García Comesaña subliñou que os concellos de Ames, Teo, Ferrol, Narón, Fene, Neda e Vimianzo pasan ao nivel 3 de restricións e que, adicionalmente, soamente se poderán establecer reunións entre conviventes neste concellos. Esta mesma restrición das xuntanzas entre persoas que vivan no mesmo domicilio tamén se aplicará noutros concellos que arestora se atopan en nivel 2 de restrición, como son os concellos da Coruña, Arteixo, Pontevedra, Poio, Marín, Vigo e Lugo. Durante a súa intervención, sinalou que malia boa evolución que está a ter a situación epidemiolóxica na provincia de Ourense, o Subcomité clínico decidiu manter unha semana máis as restricións vixentes nos diferentes concellos ourensás. O responsable de Sanidade, apuntou que este novo paquete de medidas insírense dentro do carácter especial que ten o Día de Defuntos en Galicia, unha data na que se multiplican os desprazamentos na nosa comunidade. Así, animou á poboación a restrinxir ao máximo as súas interacción sociais. As medidas referentes á limitación de mobilidade perimetral e a restrición de xuntanzas entre conviventes entrarán en vigor desde as 15:00h deste mediodía. No caso das medidas que modifican os límites dos aforos nos concellos, a súa publicación terá lugar mañá no Diario Oficial de Galicia. As medidas establecidas esta mañá, estarán vixentes até o vindeiro martes día 3 de novembro, data en que o Comité clínico voltará a reunirse e avaliará se é precisa a súa continuidade.