Sálvora terá unha campaña de anelamento científico

09 Outubro 2020

A Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife) organiza unha nova xornada de voluntariado este mes de outubro na illa de Sálvora, onde os participantes desenvolverán unha campaña de anelamento científico.

Serán os días 10, 11, 17, 18, 24 e 25 deste mes establecéndose unha limitación de aforo que levará a conceder as prazas existentes por orde de inscrición.
Como en anos anteriores, esta campaña de SÉ/ BirdLife lánzase en colaboración co Organismo Autónomo Parques Nacionais ( OAPN), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. E faise coa intención de mellorar o hábitat de especies ameazadas, censar as aves ou dar información aos visitantes.

Así os participantes colaboraran en diferentes proxectos de conservación práctica, como a mellora do hábitat de especies ameazadas, seguimento e censos de aves e mamíferos, vixiancia, información a visitantes, anelamento científico de aves e restauración do patrimonio natural e cultural”.

É unha iniciativa aberta “a todas as persoas maiores de idade interesadas en realizar estas actividades en zonas de alto valor natural, como é o caso dos parques nacionais”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.