Ribeira programa dez obradoiros sobre o Camiño Xacobeo para rapaces de 6 a 12 anos

03 Outubro 2020

 PROGRAMA DEZ OBRADOIROS SOBRE O CAMIÑO XACOBEO PARA RAPACES DE SEIS A DOCE ANOS EN RIBEIRA

O xoves da semana que vén, 8 de outubro, e mais o xoves e venres da seguinte, 15 e 16 de outubro, Ribeira vai albergar uns obradoiros sobre o Camiño de Santiago para rapaces de 6 a 12 anos que se van celebrar na
primeira planta do Mercado Municipal.
Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Ribeira co apoio
do programa Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, posto que a proximidade do Ano Xacobeo fai conveniente que as persoas máis novas de Ribeira se acheguen ao coñecemento sobre o Camiño de Santiago. A importancia cultural e social do Camiño de Santiago, e como marcou o desenvolvemento de Galicia é un feito que debemos coñecer, e que mellor modo de facelo que nun ambiente lúdico eparticipativo como se promove nestes obradoiros.
Este é o calendario:
 
 8 de outubro, xoves: 4 obradoiros de 45 minutos ás 16.00 h,
17.00 h, 18.00 h e 19.00 h
 15 de outubro, xoves: 3 obradoiros de 45 minutos ás 16.30 h,
17.30 h, 18.30 h 
 16 de outubro, venres: 3 obradoiros de 45 minutos ás 16.30 h,
17.30 h, 18.30 h
Cómpre realizar inscrición previa en normalizacion@ribeira.gal (nome
e apelido dun adulto responsable, teléfono de contacto e nome e apelidos do menor). Cada obradoiro pode ter un máximo de cinco asistentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.