Ribeira organiza curso de mobilización e coidados a persoas dependentes para persoas en paro

06 Outubro 2020

A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira organiza un curso de mobilización e coidados de persoas dependentes dirixido a persoas en situación de desemprego.
Con 20 horas de duración (15 teóricas e 5 prácticas) o curso terá lugar os días 19, 21, 26 e 28 de outubro en horario de 16.30 a 20.30 horas. As sesións formativas terán lugar nas aulas situadas na rúa Cristóbal Colón.
Preinscrición
A partir de mañá abrirase un prazo de preinscrición ata o 15 de outubro. As persoas interesadas poden presentar as correspondentes instancias na Oficina de Atención Cidadá situada no primeiro andar do consistorio.
A mobilización de persoas dependentes e os beneficios dunha correcta hixiene postural mostrados neste curso, son de vital importancia para o desenvolvemento das actividades dos profesionais no domicilio e para lograr unha mellor calidade de vida do paciente ao potenciar a súa saúde, autonomía e independencia. Este é un curso no que o paciente e o profesional conforman un núcleo único de acción colaborativa, onde se estuda a biomecánica humana, a hixiene postural do paciente e do profesional, e as distintas técnicas de mobilización de persoas dependentes.
Son obxectivos específicos da iniciativa:

  • Mellorar a calidade de vida da persoa dependente e do familiar coidador potenciando a integración da persoa maior no seu medio habitual, mellorando as relacións interpersoais.
  • Identificar os riscos existentes nun traballo de mobilización de enfermos.
  • Aplicar as medidas preventivas apropiadas, eliminando ou reducindo o risco á vez que protexendo os/as traballadores/as.
  • Manexar de forma correcta os signos e síntomas que poidan facer pensar nun problema de saúde relacionado coa inmobilización.
  • Coñecer as posicións anatómicas máis frecuentes nas que se pode colocar a un paciente inmobilizado.
    Son requisitos de acceso ao curso:
     Estar en situación de desemprego.
     Carecer de cualificación profesional obtida/ recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou o sistema educativo relacionada co posto.
     Non posuír un contrato relacionado co posto (coidadora, auxiliar de enfermería ou técnico/a de atención sociosanitaria).
    TEMARIO:
    MÓDULO I: HIXIENE DO PACIENTE ENCAMADO:
  1. Hixiene corporal.
    1.1 Baño do paciente encamado.
    1.2 Lavado de cabeza do paciente encamado.
    1.3 Limpeza de zonas de risco.
    1.4 Limpeza de pregaduras corporais.
    1.5 Lavado de ollos.
    1.6 Lavado de xenitais.
    1.7 Hixiene bucal
  2. Coidado dos pés
  3. Valoración do estado da pel.
  4. Prevención de úlceras por presión.
  5. Roupa de cama.
  6. Cambio de roupa de cama.
  7. A incontinencia urinaria ea incontinencia fecal. Axudas na eliminación e
    recollida de mostras. Colocación de cuña.

MÓDULO II: CAMBIOS POSTURAISE TRANSFERENCIAS:

  1. Procedementos de mobilización, traslado e deambulación do paciente.
    1.1. Posiciónscorporais.
  2. Técnicas de mobilización.
    2.1 Mover o paciente cara ábeirada cama.
    2.2 Mover o paciente cara á cabeceira da cama.
    2.3 Colocar o paciente en decúbito lateral.
    2.4 Colocar o paciente en decúbito prono.
    2.5 Sentar o paciente nabeira da cama.
    2.6 Levantar o paciente para deambulación ou para sentarse nun
    sofá.
  3. Prevención de caídas e accidentes.
  4. Axudas técnicas e tecnolóxicas para a deambulación, traslado
    emobilizacióndo paciente dependente.
  5. Mobilización de pacientes con guindastre.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.