Ribeira baixa o imposto de circulación e mellora o tráfico en Carreira

28 Outubro 2020

O Concello de Ribeira alcanzou un acordo para adquirir por uns 200.000 euros dous inmobles no núcleo de Campos, na entrada a Carreira o derribo dos cales permitirá ampliar o vial nese punto e eliminar a estreita e pechada curva da Molinera, un perigoso embude para os vehículos.

Dado que a vía pertence á Deputación, o Concello solicitará a esa administración que execute a obra.

Coa compra destas casas anunciada polo alcalde do pleno ordinario deste mes ponse fin así a un problema histórico nun punto no que o paso de vehículos estréitase nunha pechada curva, sen visibilidade e sen apenas espazo para os peóns.

Carreira. Ribeira (Google maps)

Unha situación similar prodúcese en Castiñeiras, debido tamén á existencia dunha vivenda moi pegada á vía, nunha curva pechada. Neste caso, a administración local contactou cos seus donos para adquirila co mesmo fin, pero o alcalde dixo a este diario que só ve posible “recorrer á expropiación” ante o elevado prezo que poñen sobre a mesa.

Outro dos asuntos abordados no pleno foi a modificación das ordenanzas fiscais. O Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica redúcese un 3 %, alcanzado así unha baixada acumulada do 8,5 % nos últimos anos.

Ademais, incluíuse a exención solicitada polo colectivo de taxistas pola taxa de ocupación que lles afecta uns 47 € ao ano e tamén se acordou suprimir para o próximo ano a taxa das terrazas.

A Corporación aprobou unha emenda do PP á moción do BNG solicitando medidas para aliviar o tráfico na avenida de Ferrol, pola que se instará á Xunta a reforzar a seguridade viaria. O Concello controlará a velocidade con radares móbiles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.