Retoma a actividade a sede permanente da USC en Ribeira

05 Outubro 2020

A sede permanente do cuarto ciclo da Universidade de Santiago de Compostela no municipio de Ribeira vén de abrir as súas portas por segundo ano para proporcionar formación académica a persoas maiores de 50 anos. Así, neste novo curso 2020-2021 impartiranse cinco materias: educación pola música, medio ambiente, educación intercultural, historia da cultura de Galicia e astronomía. A iniciativa conta con quince alumnos.

As clases, que terán lugar de luns a xoves no Centro Cultural Lustres Rivas, comezaron o pasado 1 de outubro da man do profesor de astronomía José Ramón González Romay.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.