Publicado o protocolo de prevención da covid nos cemiterios ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos

23 Outubro 2020

O subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade aprobou, na súa reunión de hoxe, un protocolo de prevención da covid-19 nos cemiterios de Galicia ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, tendo en conta que este xornada conleva a agrupación nos cemiterios de persoas nun curto período de tempo, moitas delas vulnerables, o desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais, polo que é necesario establecer unha serie de recomendacións que minimicen o risco de transmisión.

Así, segundo o protocolo, respecto das medidas de protección persoal, evitarase o contacto físico e hai que cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Ademais, cumpriranse as medidas de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias para o global de Galicia e aquelas especificas nos ámbitos territoriais nos que a evolución da pandemia está a facer necesario instaurar medidas máis restritivas.

O protocolo lembra a normativa vixente en canto ao uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria.

En canto ás medidas organizativas, ampliarase os horarios de apertura coa fin de espaciar as visitas e evitar as aglomeracións, establecerase un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/personas que viven xuntas; e a duración das visitas non deberá superar os 30 minutos.

Ademais, organizarase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do mesmo.

O protocolo tamén establece medidas de limpeza e desinfección de superficies, aseos, etc, e medidas de información, mediante o emprego de cartelería situada en lugares estratéxicos (entrada dos recintos, lugares de maior tránsito, aseos, etc.).

O protocolo pode consultarse aquí e na web do Servizo Galego de Saúde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...