Os socialistas piden sinalización para incrementar a seguridade en Alcalde Fernández Bermúdez

05 Outubro 2020
dav

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu voceiro José Vilas, presentou un rogo para ser debatido en pleno sobre a necesidade de incrementar a seguridade viaria na vía transversal entre a avenida Rosalía de Castro e a rúa Alcalde Fernández Bermúdez, na que o Concello cambiou o sentido da circulación con motivo da peonalización e humanización do centro da cidade. Segundo fai saber o PSdG-PSOE, a seguridade viaria das persoas que cruzan dende a beira do Concello cara a zona do Campo (rúa Fernández Bermúdez) “entra en risco, xa que moitos condutores non respectan a preferencia dos peóns”.

En virtude de todo o devandito, o grupo acordou solicitar ao Concello “que se valore a necesidade da implantar sinais verticais e horizontais de cara a realizar un paso de peóns no lugar, e facilitar a seguridade viaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.