Os positivos en Galicia da COVID-19 volveron a subir ata os 514. A área de Santiago-Barbanza chega a 131 contaxiados

23 Outubro 2020

É a cifra máis elevada do que vai da segunda onda e a segunda cantidade máis alta de toda a pandemia. De total de novos contaxios, 131 correspónden a área sanitaria de Santiago e Barbanza. segundo sanidade Muros e Noia entran en nivel 2 e O Son, Boiro e Ribeira en nivel 1.

A Consellería de Sanidade facilita os datos correspondentes ata as seis da tarde de onte e no que se aprecia que a área sanitaria Santiago- Barbanza é a de máis positivos. Siguelle a da Coruña- Cee, con 92; Vigo e Ourense con 64 en cada caso; Pontevedra e O Salnés, con 59; Ferrol, 58; e Lugo, 46.

Os casos activos experimentaron un incremento de 205 en Galicia o que eleva os casos a 5.880. Soben en 92 na área de Santiago – Barbanza, o que os coloca con 983; Coruña rexistra 53 máis ata os 964; Ferrol suma 46 e ten 329; a de Pontevedra chega a 595, o que supón 31 máis; a de Lugo sobe en 13 ata os 555 e a de Vigo suma dez máis ata os 1.005.
Segundo os datos de sanidade ata hoxe curáronse en Galicia 24.573 persoas, o que supón 318 máis, e realizáronse 616.297 PCR fronte ás 609.516 da xornada anterior.
En canto aos falecidos, en Galicia morreron 856 persoas pola Covid-19, tras notificar Sanidade nove vítimas na tarde deste xoves, unha delas veciño de Boiro, e tres deles relacionados con residencias de anciáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...