Os escolares contaxiados en Barbanza baixan ós 11 nenos. En Galicia a morte de cinco persoas eleva a 808 as vítimas

15 Outubro 2020

A Consellería de Sanidade informou hoxe da baixada de positivos en centros escolares da comarca. Así o Colexio Galaxia de Ribeira non ten casos e foi dado de alta o positivo de hai dúas semanas, tamén foi dado de alta un dos dous estudantes enfermos que se detectaron no instituto Félix Muriel de Rianxo, onde agora soamente queda un alumno co virus.
Porto do Son é actualmente o municipio da comarca onde o covid ten unha maior incidencia, con máis de 20 casos. Entre eles están os de dous estudantes do colexio de infantil e primaria Santa Irene.

En Galicia a morte de cinco persoas, tres mulleres e dous homes con idades comprendidas entre os 83 e os 96 anos de idade, elevou o total de falecidos en Galicia con coronavirus desde o inicio da pandemia a 808.

En concreto, trátase de tres mulleres de 83, 90 e 96 anos –esta última procedente da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar– que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO).

Segundo informou este xoves a Consellería de Sanidade, tamén faleceu un home de 85 que recibía atención hospitalaria no CHUO; así como outro señor de 85 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión