Os Bar Ban Sónicos rebentan as redes co seu primeiro disco oficial

14 Outubro 2020

A banda Os Bar Ban Sónicos, radicada en Pobra do Caramiñal e referente actual do garaxe punk da nosa terra, vén de tomar (literalmente) as redes sociais para dar a coñecer o seu primeiro disco oficial, un impecábel traballo breve co que deleitar á importante comunidade de seareiras e seareiros (unha comunidade que se fixo forte na pandemia coa música en streaming) do puxante e vivificante rock galego.

O EP de debut chámase Alimentando o nervio e podemos acceder a el a través dunha chea de canles que citamos máis abaixo. Segundo explican, é o primeiro adianto do álbum completo que agardan publicar ao principio do ano que vén. Son catro cancións gravadas en Hertzcontrol Studio en Seixas, Caminha, Portugal e producidas polos propios integrantes da banda da Pobra.

Inclúe dúas cancións propias: Que mellor amigo que ese, que xa deron a coñecer coa publicación dun vídeo a mediados de setembro, e Queres saber. A estes dous temas súmanse dúas versións de clásicos do garaxe sesenteiro, Negro gato, unha das cancións icónicas da jovem guarda brasileira e popularizada por Roberto Carlos nos seus inicios rockeiros e a outra é unha versión en galego do primeiro single dos Sonics The Wicht.

Deseguido van as ligazóns a algunhas das plataformas dixitais onde podemos escoitar o disco:

· Spotify.

· Amazon Music.

· iTunes (Apple Music).

· Deezer.

· SoundCloud.

· Qobuz.

· Tidal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.