O voluntariado retirou residuos plásticos e cabichas dos areais de Aguieira, Caveiro e Louro

21 Outubro 2020

A fin de semana que vimos de deixar atrás celebrouse en diferentes recantos da costa galega unha nova edición (a novena) da Limpeza Simultánea de Praias que impulsan a asociación ADEGA e unha manchea de entidades locais coa colaboración de centos de voluntarias e voluntarios. Na cita múltiple desta finde participaron máis de 600 persoas e 30 entidades, iso si: baixo as máis estritas medidas de seguridade e distanciamento.

Co seu traballo desinteresado puxeron de manifesto, unha vez máis, o problema do lixo mariño xerado polo ser humano, tanto dende o mar como (sobre todo) dende terra. As limpezas tiveron lugar nun total de 30 praias das 3 provincias costeiras. Na listaxe de areais que foron obxecto de limpeza incluíronse as de Aguieira e Caveiro en Porto do Son. No primeiro caso participaron os integrantes de ADEGA Compostela, que recolleron 50 quilos de refugallos, e no segundo o alumnado do IES de Porto do Son, que apañaron 28 quilogramos de lixos plásticos, principalmente. Tamén houbo traballos de limpeza de lixo en Muros, coordinados por ADEGA e focalizados na praia de Louro, onde foi retirada unha tonelada de desperdicios xerados polo home.

Como noutras edicións participaron centros de ensino, surfeiros, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, de piragüistas, ciclistas, ANPAS e particulares. Todas e todos tiñan a mesma fin: limpar as súas praias e crear conciencia.

Baixaron ás praias arredor dunhas de 600 persoas e recolléronse preto de 4.000 kg de lixo, a maioría de orixe plástica, pero tamén predominaron restos de cordas, cabichas e pauciños dos ouvidos.

A problemática do lixo mariño

ADEGA lembra que o lixo mariño é “un dos maiores problemas ambientais do planeta”, e que as principais causas son: a insensibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requirido para as limpezas de praias.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

A rede de praias sen fume de Galicia xa concentra 249 areais e portos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, celebrou hoxe a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco. O titular da carteira sanitaria, acompañado da directora xeral de Saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.