O voluntariado de Porto do Son e Outes participará na IX Limpeza Simultánea de Praias

15 Outubro 2020
Na imaxe a rapazada do Grove participando nunha recollida de refugallos nas praias

Esta fin de semana (os días 16, 17 e 18 de outubro) máis de 20 entidades da nosa terra van xuntar forzas para colaborar na novena edición da Limpeza Simultánea de Praias, impulsada pola asociación ADEGA co obxectivo de mostrar a importancia de manter o litoral (e o mar) o máis limpo posíbel de refugallos, non só para asegurar no tempo a sustentabilidade de boa parte das nosas actividades produtivas principais (pesca, marisqueo, turismo, etc) senón tamén para garantir a supervivencia do medio natural e a biodiversidade. Na actividade colectiva nos areais implicaranse novamente centros de ensino, asociacións ecoloxistas, culturais, do mar, concellos, escolas de surf, e particulares, todos eles despregando o seu labor baixo as máis estritas medidas de seguridade anti-COVID.

Na listade de praias que van ser obxecto de limpeza atópanse as de Aguieira e Caveiro en Porto do Son. No primeiro caso participarán os integrantes de ADEGA Compostela e no segundo o alumnado do IES de Porto do Son. Tamén haberá traballos de limpeza de lixo en Outes, nun areal aínda por concretar e cunha quedada organizada polo Concello.

Na limpeza simultánea participarán asemade os gobernos locais de Ponteareas, Nigrán, A Guarda, A Coruña, Carballo e O Grove.

Esta actividade consiste en congregar a un mesmo tempo nas praias galegas centos de voluntarios e

voluntarias que queiran participar na retirada do lixo que acaba nas praias co gallo de concienciar e

sensibilizar a cidadanía sobre a problemática do lixo mariño, que afecta a todos os mares e océanos do planeta, e tamén aos galegos. A este respecto, ADEGA lembra que cada ano van parar aos mares 10 millóns de toneladas de lixo xerado polo ser humano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.