O vindeiro sábado temos na Pobra unha nova cita de divulgación coa píllara das dunas

13 Outubro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal anunciou que as actividades de divulgación sobre a píllara, que se desenvolveron baixo o formato de charlas divulgativas para os centros de ensino, van ter continuidade este sábado 17, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Será unha cita cos colectivos usuarios dos areais do concello e coa veciñanza en xeral.

A actividade incluirá unha presentación dos moitos motivos polos que cómpre avanzar no coidado e preservación da píllara, cunha mesa participativa no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Posteriormente, efectuarase o desprazamento á praia da Corna en vehículos propios para explicar os valores deste areal. A cabida estará limitada a 15 persoas debido ás condicións sanitarias existentes, polo cal se require a inscrición previa a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal.

No presente ano dáselle continuidade ao Proxecto de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias da península do Barbanza. A Coruña, desenvolvido en 2019 por parte da SEO/BirdLife co financiamento da Deputación da Coruña. O Concello da Pobra do Caramiñal xa participara neste proxecto no pasado exercicio a través de senllas charlas divulgativas nos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra, así como dun coloquio para o público en xeral.

O mencionado proxecto conta con accións relevantes de conservación e divulgación, pois afonda no traballo articulado coas institucións, públicas e privadas, a sensibilización ambiental en centros educativos, a investigación científica e a divulgación dos datos obtidos na propia comarca e en plataformas en liña e eventos de interese científico, tanto en Galicia coma a nivel nacional.

Tendo en conta estes e outros datos, o Concello lembra que a poboación da píllara das dunas está a día de hoxe en retroceso no ámbito español e galego, onde conta con menos de 90 parellas reprodutoras e, na comarca do Barbanza, atópase ao redor do 30/40% da poboación galega. Pódense atopar máis datos e actividades relacionadas con esta e outras especies na ligazón http://seopontevedra.blogspot.com/.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.