O prezo da vivenda de aluguer e de venda en Ribeira en alza

01 Outubro 2020

O prezo da vivenda en aluguer en o Barbanza subiu considerablemente no terceiro trimestre deste ano. A situación sanitaria fixo que a demanda de aluguer e compra aumentase na comarca.

Os datos ofrecidos polo portal Idealista confirman que a vivenda en Ribeira subiu un 28,7 % desde maio, pasando de 5,3 euros/m2 a 6,8 euros/m2. O incremento con respecto o mes anterior é do 9,6 %.

Con respecto o ano pasado o aluguer subiu na capital barbanzana un 30,5 % chegando con iso o máximo histórico de 6,8 euros/m2. A suba de prezo afectou tamén o resto dos concellos aínda que en menor medida.

Evolución do prezo de aluguer en Ribeira. Fonte: Idealista

Respecto á venda de vivenda en Ribeira con respecto a agosto o prezo subiu un 2,4 por cento situándose en setembro o metro cadrado en 1.084 euros. Aínda así o prezo de venda da vivenda é un 5,9 por cento menos que hai un no que estaba en 1.142 euros/m2, e lonxe do máximo histórico fixado en 1.631 euros/m2 en xullo de 2010, xusto cando empezou a caer pola crise.

Evolución do prezo de venta en Ribeira. Fonte: Idealista

O terceiro trimestre nas provincias galegas

En Galicia o prezo da vivenda usada en venta subiu un 2,9% durante o terceiro trimestre, situándose en 1.339 euros/m2, segundo o último informe publicado por Idealista . En canto o dato interanual, prodúcese unha caída do 1%.

Os mercados provinciais han tido un comportamento claramente alcista no últimos tres meses. A maior subida produciuse en Lugo, onde as expectativas dos propietarios creceron un 5,1%. Séguenlle as subidas de Pontevedra (3,5%), A Coruña (2,9%) e Ourense (0,7%). A provincia de Pontevedra mantense como o mercado máis caro con 1.504 euros/ m 2, e Lugo como o máis económico con 1.010 euros/ m 2 .

Cidades galegas

Tamén nas capitais provinciais o comportamento foi alcista durante a nova normalidade. Amaior subida deuse en Pontevedra (2,6%), seguida pola Coruña (1,9%) e Lugo (0,1%). Pola súa banda, o prezo en Vigo subiu un 0,5% e caeu en Santiago de Compostela un 1,1%.

A Coruña ten os prezos máis exclusivos da rexión (2.164 euros/ m 2 ). Séguenlle as vivendas de Vigo (1.915 euros/ m 2 ), Santiago de Compostela (1.905 euros/ m 2 ), Pontevedra (1.606 euros/ m 2 ), Ourense (1.414 euros/ m 2 ) e Lugo (1.292 euros/ m 2 ).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Folla seca”. Antón Luaces

“A Folla seca”. Antón Luaces

Aprendendo da vida (III) --------------------------------- Aquela prostitución existente na Galicia do derradeiro terzo do século XX non é máis ca unha lembranza ingrata. Os bares de alterne daquela época están pechados. Na actualidade, o que foi o seu exercicio ten...

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...