O Pleno lousamiá aproba por unanimidade o Plan Económico Financeiro do Concello de Lousame 2020-2021

30 Outubro 2020
Pleno de Lousame

O Pleno municipal de Lousame aprobou na noite de onte xoves, en
sesión extraordinaria, o Plan Económico Financeiro do Concello de Lousame 2020-2021. Un documento elaborado debido a que o Concello non cumpriu a regra do gasto na liquidación do orzamento de 2019.
Un incumprimento que o propio Plan Económico Financeiro xustifica en tres puntos: a execución dos proxectos de gasto financiados co préstamo provincial da Deputación, incluídos no POS e que supuxeron un aumento de máis de 230.000 euros no gasto; na elevada execución orzamentaria do exercicio 2019 en comparación cos exercicios precedentes, que ascendeu ao 78,21% e supuxo un aumento do gasto de máis de 131.000 euros); e a diminución do teito de gasto dende o 2016 ata o 2019.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que para a elaboración do Plan “se colleron datos a outubro de 2020 e unha proxección dos dous meses que faltan de 2020 para facer así unha prospección cara 2021 partindo deses datos”. Unha vez aprobado o Plan Económico Financeiro, o documento será remitido ao Ministerio de Facenda e publicado na páxina web e no BOP.

Outros artigos

Lousame reúne a preto de 300 maiores na súa V Xuntanza de Maiores

C.L. Preto de 300 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, participaron este domingo na V Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, celebrada no restaurante O Trapeiro. Este emotivo encontro contou coa presenza da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...