O músico local Manuel Astray, a Orquestra Puzzle e as historias de “O Mago de Oz” conforman a axenda cultural boirense da semana

19 Outubro 2020

Comezou hai uns días a segunda metade de outubro e o programa cultural boirense vén, unha vez máis, completo. Segundo lembra o Concello, este venres 23 de outubro é a quenda das historias para nenas e nenos: historias que levan décadas entre nós pero das que podemos aínda extraer moitas ideas de valor. Será da man de Avento Teatro, que representarán O mazo de Oz, a lendaria obra do conto clásico de L. Frank Baum, na Casa da Cultura de Boiro, a partir das 20.00 horas. As prazas serán limitadas por mor da actual situación sanitaria. As entradas poden conseguirse na Casa da Cultura, no mesmo día do espectáculo a partir das 16.30 horas.

O sábado 24 de outubro temos unha cita coa música. Será grazas ao concerto de Manuel Astray, no local Leñaverde do Centro Social de Boiro a partir das 20.30 horas. Segundo informa o Concello, as entradas esgotáronse ao pouco de darse a coñecer o concerto. Como lembraremos, Manuel Astray é un músico local que se deu a coñecer nas redes sociais durante o confinamento, onde conseguiu importantes éxitos de audiencia coas súas contribucións ao rap (por exemplo superando co tema22:22as 80.000 reproducións en Youtube).

A finde rematará cunha verbena amenizada pola Orquestra Puzzle, a partir das 18.00 horas no Centro Social de Boiro. A reserva de convites cómpre facela a través do telefono 981 84 99 50.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.