O INTECMAR recolle o Premio Internacional Natura Mare á conservación e valorización do mar

11 Outubro 2020
A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, recolleu esta semana no centro de Vilaxoán o galardón internacional Natura Mare

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, recolleu esta semana no centro de Vilaxoán o galardón internacional Natura Mare que concede a firma PriceWaterhouseCoopers Portugal para recoñecer a excelencia e o mérito das persoas ou entidades que actúan a prol da conservación e valorización do medio mariño. Este recoñecemento, que foi entregado polo presidente do xurado, enmárcase nos premios Excellens Mare 2020 que concede a compañía portuguesa anualmente e enxalza o labor técnico realizado polo centro dependente da Consellería do Mar no control do medio mariño, o
seu espírito de cooperación coa comunidade marítima e académica e o seu carácter como referente internacional no apoio á conservación e valorización do medio.
Esta entrega realízase despois de que en xullo se celebrase unha gala telemática e adaptada ao contexto marcado polo coronavirus para recoñecer aos premiados. Ademais do Intecmar, no resto de categorías dos premios Excellens Mare 2020, foron galardoados o príncipe Alberto II
de Mónaco, a empresa PSA, a Fundaçao Gil Eannes, a Revista de Marinha, o deportista Francisco Lufinha e o instituto de investigación Inesc Tec. Á entrega destes premios engadiuse ademais a concesión de varios diplomas de Revelación Azul que destacan os proxectos de innovación e emprendemento con potencial de desenvolvemento futuro das
actividades do mar. O xurado destes premios realizou o fallo tras escoitar a especialistas, asociacións e actores relevantes vencellados co mundo do mar.

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, recolleu esta semana no centro de Vilaxoán o galardón internacional Natura Mare

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...