O grupo rianxeiro Airiños organiza en outubro unha cata de textos teatrais breves

06 Outubro 2020

Este outono temos unha nova e relevante cita co grupo de teatro máis veterano de Galicia, o grupo Airiños, posto en marcha en 1933 na parroquia rianxeira de Asados. Será, de arranque, unha cita arredor das máis innovadoras correntes do teatro contemporáneo galego, con formato de “cata de textos breves”. A Cataturxia de Airiños celebrarase en dúas quendas, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A sesión do venres 9, opción A, virá cunha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia, xirando arredor de Caída libre (Xosé Prieto), Facha eu (Ana Carreira), Os arroaces son animais sucios e desesperados (Avelina Pérez) e Faraona (Carmen Conde).

A cita do sábado, opción B, será a presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. No acto tamén terán presenza propia as seguintes obras: Play, de Esther Carrodeguas, Alzhéimer, de Carlos Labraña e Por exemplo, Biona, de Roi Vidal Ponte.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Segundo informa o Concello, será precisa reserva previa de localidade no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 2 ao 8 de outubro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.