O Goberno decreta un novo estado de alarma que quere prolongar ata o 9 de maio

25 Outubro 2020

Implanta un confinamento nocturno en toda España menos en Canarias e permite ás autonomías pechar o seu territorio e limitar as reunións.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou na roda posterior ao Consello de Ministros extraordinario celebrado este domingo a aprobación do estado de alarma para toda España que entrará en vigor esta tarde, e que implantará un confinamento nocturno en todo o territorio, menos en Canarias, entre as 23 horas e as 6.00 –modulable lixeiramente–. Ademais, pediu apoio ao PP para prorrogalo esta mesma semana no Congreso durante seis meses, ata o 9 de maio, aínda que xa ten apoio suficiente para facelo.

“O estado de alarma é a ferramenta constitucional para situacións extremas e a situación que vivimos é extrema”, argumentou Sánchez, quen defendeu a necesidade de adoptar xa medidas contundentes, co obxectivo de evitar ter que recorrer de novo ao confinamento domiciliario como en marzo.

O decreto aprobado este domingo concede aos presidentes autonómicos ser a autoridade delegada nas súas comunidades, e permítelles ademais confinar total ou parcialmente os seus territorios. Así mesmo, establécese que o espazo de cogobernanza entre as diferentes CCAA, e onde se detallarán novas medidas ou se modularán as actuais, será o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( CISNS).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...