Tendo en conta o inicio das obras para a remodelación da fachada marítima de Porto do Son que comezaban esta semana, o Concello informou da necesidade de facer cambios na circulación de vehículos no centro urbano, que “dende o martes 13 de outubro desviaranse da avenida de Galicia”. O Concello, que pediu a colaboración cidadá, publicou nas redes o mapa dos cambios co fin de facilitar o tránsito de residentes e visitantes.
As obras, cuxo inicio esta previsto para este outono, precisamente, teñen un prazo de execución de dezaoito meses e inclúe a materialización dunha calzada de plataforma única ao longo de toda a avenida de Galicia, de máis de medio quilómetro de lonxitude, até o inicio do espigón. Este novo trazado supón un afastamento do tráfico con respecto das vivendas da fachada marítima. Amais, intervirase o firme de boa parte das rúas que teñen saída ao malecón, que contarán con pavimento de pedra até o mar, cruzándose perpendicularmente coa avenida de Galicia con treitos para peóns.