O Concello de Boiro recibe ao novo campión cadete de contrarreloxo, Iago Carou

16 Outubro 2020

O Concello de Boiro organizou este xoves 15 unha recepción ao deportista local Iago Carou, campión galego cadete de contrarreloxo. Na benvida participaron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e máis o presidente do Club Ciclista JEALSA-Barbanza, Ricardo Riveiro.

Como lembraremos, o ciclista cadete Iago Carou logrou a pasada fin de semana, en Baños de Molgas (Ourense), proclamarse campión galego autonómico da categoría de contrarreloxo, nunha proba na que se enfrontou a máis de medio milleiro de deportistas novos chegados de todos os recantos da xeografía galega e tras percorrer un itinerario de 13 quilómetros que rematou nun treito de gran rapidez. Trátase do primeiro título de nivel galego para o club con sede en Boiro dende o acadado en 2013. O tempo de Carou foi foi de vinte minutos de 40 segundos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...